22 de jun. de 2013

FESTA NO IES AS MERCEDES FIN DE CURSO REINVIDICATIVA


Para ver el final de la fiesta hacer clic aquí


O IES AS MERCEDES NON DI ADEUS…
FESTA FIN DE CURSO
Nota de prensa: 21/06/2013

A pesar da choiva; a pesar de, á ultima hora, termos que trasladar á FESTA FIN DE CURSO dende a praza de Augas Férreas ao pabellón do Instituto, temos que expresar públicamente a nosa satisfacción pola elevada participación na mesma superando, ao respecto, as máis optimistas expectativas. A todas e a todos a gratitude desta plataforma a todos os asistentes polo seu compromiso con esta reivindicación.
            E se a participación na festa superou todas as expectativas, non menos sucedeu coas actuacións de grupos e artistas que, dende o escenario e de forma altruísta, prestaron a súa palabra, a súa voz, a súa arte, a súa música, a súa maxia,  os seus contos ou os seus chistes a esta reivindicación en defensa do IES AS MERCEDES, en defensa do Ensino a nosa gratitude:

-aos alumnos da ESO polos súas “píldoras” de denuncia, indignación e esperanza;
-ás alumnas de 1º da ESO polas súas voces e percusión;
-a nosa  alumna Judit, pola súa voz e a súas cancións;
-a noso alumno Denis polo seu acompañamento de gaita;
-a grupo Stranniky polas súas músicas do mundo,
-ao mago Rafa polo seu entretenemento;
-ao grupo Batital e á nosa profesora Elba por toda a súa alegría;
-aos contacontos Lois Pérez  e a Xan Carlos polas súas historias;
-ao grupo Tundal pola súas cancións de cego;
-a Milucho polos seus chistes,
-a Álvaro polo seu poema de Celso Emilio Ferreiro,
- á coral do Illa Verde, a Estoupacaldeiros, a Os Minhotos, ao escritor Antón Reigosa e a
moitos outros, pola súa disponibilidade a pesar de que, por falta de tempo, non teñamos podido disfrutar das súa voz e das súas historias.
Á gratitude tamén a todos os negocios da zona pola súa colaboración con esta festa, ben colaborando coa organización, ben ofrecendo os lotes de obsequios do sorteo final.
GRAZAS A TODOS ELES A REIVINDICACIÓN QUE ONTE ENCHEU DE SOLIDARIEDADE O PABELLÓN DO INSTITUTO, CONTINÚA HOXE E CONTINUARÁ MAÑÁ E SEMPRE NA CONCIENCIA DE TODA A CIDADE

UNHA REIVINDICACIÓN CON ESTA APORTACIÓN DE SOLIDARIEDADE E XENEROSIDADE, -POR MAIS QUE QUEIRAN IGNORALA DENDE O GRUPO MUNICIPAL DO SR CASTIÑEIRA, DENDE A DELEGACIÓN TERRITORIAL DE EDUCACIÓN DO SR. RAMOS LEDO OU DENDE A XEFATURA TERRITORIAL DE RAQUEL ARIAS-, NUNCA PODE ESTAR PERDIDA.
 CONTANDO CON TODO ESTE APOIO, CONTANDO CO APOIO DE TODA A CIDADE DE LUGO,  O NOSO COMPROMISO DE MANTER ESTA REIVINDICACIÓN ATA VOLVER A TER O INSTITUTO PÚBLICO DE ENSINO SECUNDARIO QUE A ZONA SUR DA CIDADE NECESITA

O IES AS MERCEDES NON DI ADEUS…
 " Un día sin aprender es un día perdido. Ante arbitrarias decisiones hemos aprendido a luchar por el Centro donde nos enseñaron a aprender.
Esta lección no puede ser en vano"   Andrea Castro. Alumna de 3·º ESO


Nenhum comentário:

Postar um comentário