20 de jul. de 2013

IES AS MERCEDES NON DI ADEUS. DISCURSO 18 de julio

No evento que celebrou o BNG o 18 de xullo; no que fomos invitados. Lemos o seguinte discurso



A Plataforma pola defensa do IES As Mercedes, aproveitamos este foro
para facer unha defensa polo ensino de calidade e a vez denunciar a perdida de inversión no ensino en Lugo.


Por que, recorte tras recorte, todo isto e moito mais estase a producir en Lugo, levándonos peor que hai corenta anos, non terán dereito a un ensino xusto e de calidade aqueles que non poidan pagar, non terán un ensino de calidade aqueles que perden o dereito a un ensino individualizado, perderemos grandes profesionais para o futuro do país  porque estarán abocados a pasar desapercibidos nunhas aulas masificadas.

Isto acontece de múltiples maneiras, acontece ca perdida  continua de profesorado, co aumento de alumnos por aulas, ca perdida de recursos para o ensino integrador, co desmantelamento do ensino rural, ca falta de medios para o alumnado con menos recursos económicos, ca falta de inversión no Sagrado Corazón que actualmente esta a recibir clases nun edificio de prestado que non reúne as mínimas condicións para ser centro escolar, acontece co peche en dous anos de Institutos de Secundaria, primeiro o Politécnico e agora As Mercedes, sendo este último, o único Instituto do Sur da cidade, con amplo crecemento demográfico en idades escolares, sendo un
modelo a manter e a copiar como proxecto educativo, onde a integración da Secundaria coa FP, demostra que a convivencia de ambas ensinanzas é clave para potenciar un ensino de calidade, sendo un dos Institutos mellor equipado en material pedagóxico de laboratorios, música, biblioteca, medios audiovisuais, agora parte dos que axudaron a enterralo, danse conta que As Mercedes con moi pouco presuposto e co esforzo do equipo directivo, profesorado e alumnos conseguiu ter moito e usalo de maneira moi eficiente, polo que non se entende porque o seu peche.

Non nos poden dicir dende a Consellería de Educación que fan un aumento das partidas para o ensino, cando vemos que cada pouco pechan unidades ou cerran centros, cando merman as axudas de libros ou hai que pagar os comedores, cando anulan servizos básicos como  o transporte, cando as becas se restrinxen cada vez mais, se todo isto vai a menos e as familias cada vez teñen que pagar mais para estudar aos fillos ¿onde está o incremento de presuposto para o ensino? ¿ou e que o gasto non recae onde debería?

O ensino non e gasto para a sociedade, o ensino e investimento para o futuro dunha sociedade mais xusta e que aspira a desaparición das desigualdades. O ensino e investimento para ser unha sociedade non  de man de obra barata, senón que pon os medios para que o país medre no mundo da investigación e con emprendedores ben formados.

Por todo isto, tédeo ben claro, a Plataforma pola Defensa do IES As Mercedes, que tamén defende os dereitos da sociedade lucense para recibir un ensino gratuíto e de calidade, seguirá loitando e NON DECIMOS ADEUS.
Boas tardes e moitas grazas.

 

6 de jul. de 2013

MERCADILLO DE LIBRO NA CASA DA XUVENTUDE


IES AS MERCEDES TAMÉN DOA OS LIBROS DE TEXTO QUE TEÑEN DOS CURSOS E QUE POIDAN SERVIR
Se ampla o mercado de libros ata o venres 12 de xullo

5 de jul. de 2013

IES AS MERCEDES NON DI ADEUS: RESPONDE



NOTA DE PRENSA
O IES AS MERCEDES NON DI ADEUS

A vista das declaracións da dirección do novo CIFP que substitúe ao suprimido IES As Mercedes, esta plataforma cidadá quere manifestar:
1.       Sobre a necesidade de máis espazos para a Formación Profesional.
Nunca negamos a necesidade de ampliar a oferta e os espazos na FP, pero, como traballadores do Ensino Público e extraballadores do IES AS MERCEDES, os membros da dirección deberan saber que ningunha ampliación da FP debera resultar incompatible coa permanencia dos niveis de ESO  e BAC.
Esta petición de ampliación de espazos vense realizando, reiteradamente, como ben debera saber o Vicedirector do centro e saben na Consellería de Educación. dende moito antes  de que o director chegara ao IES As Mercedes. A última foi realizada e presentada ao Claustro, Consello Escolar, Xefatura Territorial e Secretaría Xeral Técnica pola última dirección do IES As Mercedes, moito antes do informe que cita o director do CIFP. E esta necesidade estaba recoñecida, -non sabemos se sigue estando-, pola propia Consellería ao anunciar a licitación do proxecto de ampliación do Centro.
E, unha vez dito ISTO, non debera ser propio de ningunha responsabilidade directiva falar sen estar ben informado ou pretender  transformar as medias verdades en mentiras, porque, en relación á matrícula do presente curso académico e anteriores, o director debera de saber ben que nos ciclos de automoción dos que é profesor nin sequera necesitaron dar de baixa aos alumnos sen asistencia á clase porque non había lista espera e só na familia de enerxía e auga quedou xente sen praza.

2.       Sobre a necesidade dun novo CIFP para atender ás novas demandas no ámbito da Formación Profesional:
Nunca esta plataforma estivo en contra da ampliación da oferta educativa na Formación profesional. E sempre dixemos (sen que tiveramos que agardar polo Director do CIFP) que, nunha Galicia cun 26% de parados, con alumnos que acaban un ciclo e empezan outro ou que acaban na Universidade e volven á FP, é totalmente natural que aumente a demanda de FP, non tanto como unha ruta cara un posto de traballo que non hai, senón como unha forma de aproveitar o tempo que é necesario atender. Mais, que uns traballadores do ensino público podan entender que esta nova demanda é incompatible coa permanencia da ESO e BAC; que uns traballadores do ensino público podan aceptar a supresión dun Instituto Público de Ensino Medio sen antes avaliar as necesidades educativas da zona e sen antes avaliar as diferentes alternativas á disposición da Consellería coas que atender ditas demandas; que uns profesores de Formación Profesional acepten as mentiras da Consellería de Educación sen sequera aludir a que en Montirón ten a Xunta de Galicia un Centro cunhas instalacións e uns equipamentos de Formación Profesional totalmente infrautilizados , demostra, antes de nada, unha total insolidariedade cos alumnos, pais e compañeiros afectados, pero tamén, ben pouco compromiso co ensino público que agora teñen a responsabilidade de axudar a xestionar, -supoñemos que con criterios de eficiencia-, dende os seus respectivos cargos na dirección do CIFP.

3.       Sobre a “inevitable” supresión do IES AS MERCEDES para transformarse nun Centro Integrado de Formación Profesional
Se interpretamos ben a expresión do director do CIFP, a desaparición do IES AS MERCEDES para transformarse en Centro Integrado de Formación Profesional era unha constatación palpable dende xa antes da desaparición do IES Politécnico. Descoñecemos que fontes de información a este respecto pode ter o Director do CIFP, pero queremos advertilo de que con elo ven de facer unha moi grave acusación contra os actuais responsables da Consellería de Educación: acaba, de feito, de acusalos de absoluta incompetencia, por, despois de dous anos, no momento de publicarse o decreto de (des)integración,  non seren capaces de ter previsto, por exemplo, que centros de ensino poderían dar acollida aos alumnos do IES AS MERCEDES.
Ademais do dito resulta inaceptable que un profesor dun IES se poda argumentar a favor do CIFP que fronte a 500 alumnos e 56 profesores de Formación Profesional só houbera na ESO 160 alumnos e 28 profesores, sen antes explicar a diferente oferta e estrutura dun e doutros niveis do ensino. Se o director do CIFP quere comparar o diferente nivel de matrícula, -500 fronte 160-, está a fabricar unha inaceptable manipulación en canto ás cifras de alumnos e profesores na FP. A pouco que un se molestara en revisar os ciclos de FP que se impartían no IES AS MERCEDES e fixera unha suma estaríase equivocando nun 20%.  A partir desta mentira, a ratio alumno/profesor que se queira sacar resulta absolutamente falsa e, de todas formas, conviña que tamén o director dun CIFP soubera que mentres na FP non hai optativas, nos niveis da ESO hai que ofertarlles aos alumnos diferentes optativas (incluída a Relixión) e, a maiores, hai dous grupos de PDC, un grupo de PCPI e ten que haber profesores para reforzo educativo, adaptacións curriculares e profesores terapéuticos para alumnos con minusvalías. Ou sexa que non poden compararse desta forma as necesidades en recursos humanos duns niveis e doutros, como tampouco se poden comparar os requirimentos en recursos económicos e equipamentos duns e doutros.
Se en lugar copiar as mentiras fabricadas pola Consellería, houbera visto a evolución da matrícula e avaliado minimamente o crecemento da poboación escolar da zona as conclusións terían que ser outras.

4.        Sobre o apoio do claustro de profesores á reivindicación desta plataforma
Esta plataforma sempre soubo que, dentro do Claustro de Profesores, non había unanimidade. Nin tampouco a necesitamos: chéganos co convencemento de que se trata dunha reivindicación absolutamente xusta e, en todo caso, expresar a nosa satisfacción por contar cunha moi ampla maioría do claustro e coa totalidade do equipo directivo.
Pero o que é absolutamente ilexítimo, sexa en boca do Director Xeral de Educación e Formación Profesional, na boca do Delegado Territorial, na boca da Inspección Educativa, na boca da Concelleira do PP ou na boca dun exprofesor do IES AS MERCEDES traer aquí, en defensa do CIFP, que o claustro de profesores tivera solicitado hai 8 anos  pasar a ser Centro Integrado de Formación Profesional:
-en primeiro lugar, porque tería sido unha petición de hai oito anos e non de hoxe;
-e, en primeirísimo lugar, porque non ten sido un acordo do claustro de profesores, senón unha proposta de acordo que a familia de automoción (á que pertence o director do CIFP) leva ao Consello Escolar e que de forma ilegal alguén certificou sen se producir ou antes de que se producira.

A Zona Sur de Lugo necesita un Instituto de Ensino Público e nesta reivindicación imos a continuar.
O IES AS MERCEDES NON DI ADEUS