20 de jul. de 2013

IES AS MERCEDES NON DI ADEUS. DISCURSO 18 de julio

No evento que celebrou o BNG o 18 de xullo; no que fomos invitados. Lemos o seguinte discurso



A Plataforma pola defensa do IES As Mercedes, aproveitamos este foro
para facer unha defensa polo ensino de calidade e a vez denunciar a perdida de inversión no ensino en Lugo.


Por que, recorte tras recorte, todo isto e moito mais estase a producir en Lugo, levándonos peor que hai corenta anos, non terán dereito a un ensino xusto e de calidade aqueles que non poidan pagar, non terán un ensino de calidade aqueles que perden o dereito a un ensino individualizado, perderemos grandes profesionais para o futuro do país  porque estarán abocados a pasar desapercibidos nunhas aulas masificadas.

Isto acontece de múltiples maneiras, acontece ca perdida  continua de profesorado, co aumento de alumnos por aulas, ca perdida de recursos para o ensino integrador, co desmantelamento do ensino rural, ca falta de medios para o alumnado con menos recursos económicos, ca falta de inversión no Sagrado Corazón que actualmente esta a recibir clases nun edificio de prestado que non reúne as mínimas condicións para ser centro escolar, acontece co peche en dous anos de Institutos de Secundaria, primeiro o Politécnico e agora As Mercedes, sendo este último, o único Instituto do Sur da cidade, con amplo crecemento demográfico en idades escolares, sendo un
modelo a manter e a copiar como proxecto educativo, onde a integración da Secundaria coa FP, demostra que a convivencia de ambas ensinanzas é clave para potenciar un ensino de calidade, sendo un dos Institutos mellor equipado en material pedagóxico de laboratorios, música, biblioteca, medios audiovisuais, agora parte dos que axudaron a enterralo, danse conta que As Mercedes con moi pouco presuposto e co esforzo do equipo directivo, profesorado e alumnos conseguiu ter moito e usalo de maneira moi eficiente, polo que non se entende porque o seu peche.

Non nos poden dicir dende a Consellería de Educación que fan un aumento das partidas para o ensino, cando vemos que cada pouco pechan unidades ou cerran centros, cando merman as axudas de libros ou hai que pagar os comedores, cando anulan servizos básicos como  o transporte, cando as becas se restrinxen cada vez mais, se todo isto vai a menos e as familias cada vez teñen que pagar mais para estudar aos fillos ¿onde está o incremento de presuposto para o ensino? ¿ou e que o gasto non recae onde debería?

O ensino non e gasto para a sociedade, o ensino e investimento para o futuro dunha sociedade mais xusta e que aspira a desaparición das desigualdades. O ensino e investimento para ser unha sociedade non  de man de obra barata, senón que pon os medios para que o país medre no mundo da investigación e con emprendedores ben formados.

Por todo isto, tédeo ben claro, a Plataforma pola Defensa do IES As Mercedes, que tamén defende os dereitos da sociedade lucense para recibir un ensino gratuíto e de calidade, seguirá loitando e NON DECIMOS ADEUS.
Boas tardes e moitas grazas.

 

Nenhum comentário:

Postar um comentário